Agora
O técnico só dirixiu o Compos en 20 partidos ligueiros. (Foto: SD Compostela).
Agora

Michel Alonso dimite como adestrador do Compostela

Movemento de relevancia no Grupo '1' da Segunda Federación do fútbol masculino, onde militan numerosos equipos galegos: dimite Michel Alonso. O ferrolán, de 49 anos, era o responsábel técnico da SD Compostela desde o despido do seu predecesor no cargo, Manel Menéndez, na xornada oitava de campionato. Desde entón, o ex de clubs como Coruxo ou Formentera lograra reconducir o errático rumbo da nave compostelá, obtendo sete vitorias nos seus 10 primeiros partidos,  pero desde a entrada no presente ano 2024 sumiuse nunha negativa xeira de resultados que o levou a sumar só nove puntos dos últimos 30 posíbeis. Polo de agora, e mentres o club non contrata un substituto para Míchel Alonso, dirixirán os adestramentos do Compostela de maneira interina Antón Permuy e Dani Gesto. 
Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Un operario falece en Vilanova de Arousa ao quedar atrapado nunha máquina de cortar madeira

Un operario faleceu na mañá desta segunda feira na localidade de Vilanova de Arousa (comarca do Salnés) ao quedar atrapado nunha máquina de cortar madeira. Tal como informou o 112 da Galiza, este accidente laboral ocorreu na estrada de Deiro. No operativo participaron Urxencias Sanitarias da Galiza 061, os bombeiros de Ribadumia (comarca do Salnés), a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.

Unha ambulancia do servizo de emerxencias 061 da Galiza (Foto: Nós Diario).
Agora

Unha muller falece en Agolada tras ser atropelada por un camión

Unha muller faleceu esta segunda feira no municipio de Agolada, na comarca do Deza, tras ser atropelada por un camión. Segundo informou o 112 da Galiza, o suceso tivo lugar na N-640, no punto quilométrico 148. No dispositivo participan Urxencias Sanitarias da Galiza 061, a Garda Civil de Tráfico e o Grupo Supramunicipal de Emerxenxias (GES) de Lalín (comarca do Deza).

En papel
Humor
Locais de hostalaría onde podes ler 'Nós Diario'
Ler o diario impreso na hemeroteca
Comprar o diario impreso
03-nos-btns-20200406-1