ByteDance ratifica que non venderá TikTok aínda que os Estados Unidos a prohiba

A empresa chinesa ByteDance, propietaria de TikTok, corroborou a sexta feira que non ten ningunha intención de vender a rede social a unha compañía occidental, como exixe unha lexislación aprobada polos Estados Unidos, que no caso contrario a prohibirá en seis meses. A declaración produciuse en resposta ás especulacións sobre que estaría a explorar opcións para vendela mais excluíndo o algoritmo detrás da aplicación. 
Logo de TikTok nunha das súas oficinas nos Estados Unidos. (Foto: Europa Press / Contacto / Xinhua)
photo_camera Logo de TikTok nunha das súas oficinas nos Estados Unidos. (Foto: Europa Press / Contacto / Xinhua)
Comentarios