Ánxel Casal revive nas páxinas do 'Nós Diario': unha homenaxe ao gran "facedor" do libro galego

Esta terza feira, 23 de abril, co gallo do Día Internacional do Libro, Nós Diario achega o caderno Ánxel Casal. Memoria de Nós.
Antón Mascato e Patricia Arias escriben este caderno cuxa capa foi ilustrada  por Héitor Picallo (Foto: Nós Diario).
photo_camera Antón Mascato e Patricia Arias escriben este caderno cuxa capa foi ilustrada por Héitor Picallo (Foto: Nós Diario).

Esta terza feira, 23 de abril, co gallo do Día Internacional do Libro, Nós Diario achega o caderno Ánxel Casal. Memoria de Nós, unha edición conmemorativa desta data que pon de relevo unha figura pioneira da edición na Galiza, facendo revivir Ánxel Casal nas páxinas do xornal.

Neste caderno de Nós Diario, Mascato e Arias Chachero reflexionan como era o libro, na altura e aínda hoxe, unha boa maneira de divulgar a cultura e o coñecemento, unha cuestión á que se entregou Casal de corpo enteiro até o seu asasinato en 1936 polo franquismo.

Este caderno é unha homenaxe a quen foi o gran "facedor" do libro galego, como o denominan Antón Mascato e Patricia Arias Chachero. "O editor insubornábel, que dedicou, desde 1924 a 1936, todos os seus esforzos á creación dunha industria editorial que dese latexo material á actividade intelectual galega", dixera Fernández del Riego sobre o propio Casal.

Homenaxe ao gran "facedor" do libro galego

Este caderno é unha homenaxe a quen foi o gran "facedor" do libro galego, como o denominan Antón Mascato e Patricia Arias Chachero. "O editor insubornábel, que dedicou, desde 1924 a 1936, todos os seus esforzos á creación dunha industria editorial que dese latexo material á actividade intelectual galega", dixera Fernández del Riego sobre o propio Casal.

Desta maneira, o Nós Diario desta terza feira chega con 16 páxinas máis. Polo prezo de sempre, os lectores e as lectoras do xornal poderán desfrutar dun completo caderno que repasa a figura de Ánxel Casal como editor.

Algunhas suposicións sobre quen matou a Ánxel Casal; a relación entre Ánxel Casal, o libro e Nós; a relación completa do espolio bibliográfico da editorial Nós, así como o propio espolio do patrimonio de Ánxel Casal son algunhas das temáticas que centran o caderno.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios