A China reclama á OTAN que deixe de "desviar culpas" sobre Ucraína tras acusala de axudar a "inflixir máis morte e destrución en Ucraína"

Xi insta os EUA a ser socios e non rivais
Antony Blinken (EUA) e Xi Jinping (a China) nun encontro en 2023. (Foto: Li Xueren / Europa Press / Contacto)
photo_camera Antony Blinken (EUA) e Xi Jinping (a China) nun encontro en 2023. (Foto: Li Xueren / Europa Press / Contacto)

“Só teñen como obxectivo desviar culpas e inflamar tensións en contra” da China. Así contestou a sexta feira o voceiro do Ministerio de Relacións Exteriores chinés, Wang Wenbing, ás acusacións contra o país do secretario xeral da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), Jens Stoltenberg, que sostivo que axuda “Moscova a inflixir máis morte e destrución en Ucraína”.

Wenbing subliñou que a China non é “nin creador nin parte desta crise”, e reiterou que están comprometidos “na promoción da paz e o diálogo”. O que si está constatado é o envío de máis de 100.000 millóns de euros en armas a Ucraína por parte da OTAN, cuxo líder, os Estados Unidos, acaban de aprobar un novo paquete de máis de 55.000 millóns de euros en dirección a Kíiv, a meirande parte en armamento.

Ademais, o presidente chinés, Xi Jinping, demandou nunha reunión co secretario de Estado estadounidense, Antony Blinken, que sexan socios e non rivais, asegurando que "o mundo é suficientemente grande como para que se dea un desenvolvemento común e unha prosperidade" mutua.

Comentarios