Palabras con memoria: (In)humanidades

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Unha persoa fuciñuda é mala comedora (Foto: Tanya).
photo_camera Unha persoa fuciñuda é mala comedora (Foto: Tanya).

albernia (ou alvernia).- Desexo inconfesado de conseguir algo que non lle pertence, que é doutra persoa. Cobiza.
Lugar de escoita.- A Terra Chá.
Fonte.- Xabier P. DoCampo.

courón/couracho.- Adxectivo aplicado a unha persoa pouco aseada e preguiceira.
Exemplo.- “Nesa casa non se lavan, son uns couróns.”
Lugar de escoita.- Santa María de Taboexa (As Neves).
Fonte.- María Isabel Fernández Vidal.

descoletado.- (Co primeiro o pechado) Desmembrado, desgairado, que perdeu a forma ou ten un andar estrafalario.
Exemplo.- “Parece que anda sen xeito, descoletado”. “Este aparello está descoletado” (perdeu pezas).
Lugar de escoita.- A zona de Padrón.
Fonte.- Constantino Prego.

forrollas.- Persoa agarrada, que non gasta un peso e todo o aforra.
Lugar de escoita.- Porqueira (Ourense).
Fonte.- Antón Méndez Gándara.

fuciñuda/o.- (Ademais de significados xa rexistrados) Persoa mal comedora, ou que pon reparos a maior parte da comida.
Lugar de escoita.- Vigo.
Fonte.- Ramón Sandoval.

Comentarios