star
ECONOMÍA
Bateeiros do Salnés estiman unha perda de 30% da produción de mexillón
25/abr./24
Á espera da publicación dos datos oficiais do anuario de acuicultura 2023, o sector produtor de mexillón amósase “preocupado” polo descenso que xa foron percibindo na cría deste molusco. Cifran a produción de 2023 en 178 millóns de quilos (a media anual é de 250 millóns) e demandan unha análise das causas e dos resultados e medidas da Xunta da Galiza. Entre 4.000 e 5.000 familias traballan no sector.
star
ECONOMÍA
Medra a produción galega en ecolóxico, que xa factura máis de 112 millóns de euros ao ano
28/mar./24
Segundo os últimos datos do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (Craega), na Galiza hai 1.506 operadoras ecolóxicas. Na última década, aumentaron un 148%, chegando a 1.142 produtoras e 364 elaboradoras. A produción animal representa perto do 56%, a vexetal un 25% e acuicultura e algas un 18%.
ECONOMÍA
O sistema de produción de enerxía precisa unha "redistribución equitativa" das cargas
28/mar./24
Unha investigación pide repartir as "externalidades positivas e negativas".
ECONOMÍA
A produción industrial cae na Galiza e medra no Estado
08/mar./24
O IPI sitúase no país en 105,5 puntos, 26,1 por baixo do ano 2008
ECONOMÍA
A Galiza exportou 42% da produción eléctrica en 2023
06/feb./24
A xeración eléctrica chegou o ano pasado na Galiza a 23.872.174 megawatts hora (MWh), sendo de orixe renovábel 17.987.088 MWh desa produción, o que significa que a electricidade procedente das tecnoloxías limpas supera o consumo interno en 26,7%. Asemade, a Galiza mantense como un territorio excedentario en produción de electricidade, até o punto de exportar en 2023 máis de 42% da enerxía eléctrica xerada, coa Comunidade de Madrid como principal beneficiada.
ECONOMÍA
Produtores ecolóxicos acusan a Xunta de "boicotear" o sector
05/xan./24
Desde Proecogal denuncian perda de superficie ecolóxica.
star
ECONOMÍA
En 10 días as altas temperaturas estragaron 60% da colleita de castaña deste ano
12/out./23
O presidente da Indicación Xeográfica Protexida Castaña da Galiza, Jesús Quintá, asegura que a produción deste ano é “inviábel”. En 10 días, a calor propiciou que se infestara de bicho e fungo sobre 60% da colleita. “Non vale para o mercado nin para procesar". Agora queda agardar pola colleita tardía e a das zonas altas.
ECONOMÍA
A produción industrial galega cae case 6% en agosto e encadea tres meses de descensos
05/out./23
Galiza encadea tres meses consecutivos de retrocesos interanuais -xuño, xullo e agosto-, xa que o último dato positivo foi en maio. Este 5,8 de diminución interanual é o peor dato negativo desde xullo de 2022.
ECONOMÍA
A fin dunha era: A central térmica das Pontes acaba o carbón e pon fin a 47 anos de actividade ininterrompida
04/out./23
"Estamos a dedicarnos a queimar as últimas reservas que temos no parque de carbóns, para finalizar xa o funcionamento da central tras máis de 45 anos en activo", sinalou o responsábel de operación da central, Jesús Ferreño.
ECONOMÍA
Produtores lácteos galegos acusan a Xunta e o Estado de "abandono" e non descartan organizar protestas
18/set./23
Gandeiros lanzan críticas tanto ao Goberno galego como ao español por "abandonar os produtores á súa sorte para as sucesivas renovacións de contratos".
ECONOMÍA
Unha das liñas de Stellantis en Vigo cancela de novo a súa actividade temporalmente por falta de subministros
22/ago./23
Segundo informaron fontes da empresa ao persoal, "unha dificultade sobrevinda en aprovisionamento de pezas e no inicio de actividade dalgún dos provedores tras o período de vacacións" obrigou a parar a produción no sistema 2 (o que monta as furgonetas).
ECONOMÍA
A Galiza chegou a cultivar máis de 40% do lúpulo producido no Estado español
15/ago./23
A Galiza chegou a cultivar máis de 40% da colleita estatal de lúpulo entre 1955 e 1959. A actividade foi abandonada en 1980; porén, unha cooperativa de Mabegondo está a recuperar unha actividade económica histórica na zona de Betanzos e na Galiza.
star
Especial Soberanía Alimentar
Produção Vegetal e Produção Animal: o problema do 10% e as relações necessárias
25/xul./23
Como nos alimentamos, de que nos alimentamos, e como produzimos são ações de grande importância para a saúde do Planeta, e da comunidade humana. Analisar os fluxos de matéria e energia que atravessam a cadeia alimentar ajuda a compreender o verdadeiro impacto do feito de alimentar-se do Homo sapiens sapiens no local e tempo que habitamos: a Terra, e o Antropoceno, período geológico definido pelo role protagonista da atividade humana e os seus efeitos negativos na Biosfera.
TRABALLO
Colectivos do mar impulsan unha iniciativa lexislativa para protexer a pesca fronte a proxectos industriais
07/xul./23
Comezarán a recoller sinaturas após o verán para debater a ILP no Parlamento co fin de “garantir a actividade tradicional”
TRABALLO
Industrias lácteas “coaccionan” as granxas para baixar o prezo do leite
04/xul./23
O SLG anuncia unha campaña informativa e de denuncias dirixidas contra as empresas que abandeiran as baixadas
ECONOMÍA
Os Estados produtores de petróleo estenden a restrición da oferta até 2025
05/xuño/23
O recorte na oferta do petróleo provoca un aumento de prezos.
ECONOMÍA
400 tractores e 20 vacas toman as rúas de Lugo en protesta polos 'prezos baixos'
18/abr./23
Os gandeiros e as gandeiras aseguran que están a cobrar ao redor de 5,60 euros por quilo, cando din que producir cústalles uns 7 euros.
star
ECONOMÍA
A taxa galega de xeración eléctrica con fontes solar e eólica sextuplica o índice mundial
12/abr./23
En 2022 bateuse o récord a nivel global de produción eléctrica a partir da enerxía solar e eólica cunha taxa de 12% do total. Non obstante, estes índices son moito maiores na Galiza, onde se produciu a partir destas enerxías 73% do total da demanda. A capacidade galega de produción de enerxía renovábel foi maior que o total da demanda de electricidade no país en 2022.
star
ECONOMÍA
A industria galega ofrece 30% postos de traballo menos que a media estatal
31/mar./23
O sector servizos é, de novo, o máis dinámico.