star
Análise
(Non) nos queda Portugal
30/abr./24
Rubén C. Lois González é catedrático de Xeografía na USC.
A xornalista e escritora Tereixa Constenla (Arca, A Estrada, 1968) presentou onte, convidada polo Ateneo de Santiago, Abril é un país. Os heroísmos descoñecidos da revolución dos caraveis (Ágora K, Kalandraka), un traballo minucioso que une a investigación documental con entrevistas e que foi publicado para conmemorar os 50 anos do día que rematou co réxime ditatorial.