San Sadurniño decide a fase de ascenso á Superliga Masculina 2 de voleibol

A localidade de San Sadurniño (Ferrolterra) foi a sede escollida pola Real Federación Española de Voleibol (RFEV) para albergar a fase de ascenso á Superliga Masculina, que se desenvolverá desde mañá e até o domingo, 28 de abril, no Pavillón Municipal. Organizada polo Aldebarán, a escuadra local, esta ficou encadrada no Grupo 'A' e deberá medir forzas con Ibiza e Leganés, mentres que no Grupo 'B' colidirán Textil Santanderina, Utrera e Instercap Tarragona SPSP. Ambos os grupos disputarán unha liguiña a unha volta para conformar a clasificación que definirá as semifinais da tarde do sábado 27, uns encontros que situarán os seus vencedores na gran final do domingo e outorgarán, ademais, o ascenso directo, polo que o único aliciente será saber quen é o campión da Superliga Masculina 2.
Secundino García (segundo pola dereita), no acto de presentación. (Foto: Concello de San Sadurniño).
photo_camera Secundino García (segundo pola dereita), no acto de presentación. (Foto: Concello de San Sadurniño).
Comentarios