A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Breogán Lugo promoven a doazón de sangue

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Leite Río Breogán da Liga ACB de baloncesto colaboran, un ano máis, coa Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) na promoción da doazón. O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro; o director xeral da escuadra lucense, Tito Díaz; e a directora de ADOS, Marisa López, presentaron esta quinta feira unha campaña que se vén repetindo desde 2017 e que busca "sensibilizar sobre a importancia deste acto altruísta".
 
Marisa López, Efrén Castro, Tito Díaz e Iria Castro. (Foto: Vicepresidencia Deputación de Lugo).
photo_camera Marisa López, Efrén Castro, Tito Díaz e Iria Castro. (Foto: Vicepresidencia Deputación de Lugo).
Comentarios