Polonia amosa a súa disposición para albergar armas nucleares de EUA no seu territorio

Rusia di que "tomará as medidas necesarias" para garantir a súa seguridade.

Andrzej Duda, presidente de Polonia. (Foto: Damian Burzykowski / Europa Press / Contacto)
photo_camera Andrzej Duda, presidente de Polonia. (Foto: Damian Burzykowski / Europa Press / Contacto)

O presidente de Polonia, Andrzej Duda, mostrouse esta sgeund afeira disposto a aceptar o despregamento de armas nucleares estadounidenses en territorio polaco para reforzar a seguridade da OTAN no flanco oriental a medida que avanza a invasión rusa de Ucraína.

"Rusia continúa militarizando o distrito de Kaliningrado. Recentemente, estivo recolocando armamento nuclear en Bielorrusia, así que se os nosos aliados deciden colocar armas nucleares mesmo no noso territorio (...) estamos preparados para iso. Formamos parte da Alianza e tamén temos obrigas a respecto diso, o que implica que poñemos en marcha unha política común", aseverou nunha entrevista co diario 'Fakt'.

En xuño de 2023, o entón primeiro ministro polaco, Mateusz Morawiecki, indicou que Polonia tiña a intención de despregar armas nucleares estadounidenses en resposta ao emprazamento de armas nucleares tácticas rusas en Bielorrusia.

Agora, Duda admitiu que este despregamento de armas formou parte das "negociacións entre Polonia e Estados Unidos desde hai tempo" e lembrou a existencia do programa 'Nuclear Sharing', que permite a Estados Unidos colocar o seu armamento nuclear en países da OTAN que non posúan este tipo de armas.

Washington leva anos almacenando este tipo de armas en países de Europa e Turquía, onde hai un cento de oxivas para armas nucleares tácticas.

Actualmente existen oxivas de 0,3 a 50 quilotóns para en seis bases militares situadas en cinco países da OTAN: Bélxica, Alemaña, Italia, Países Baixos e Turquía.

Comentarios