A Fundación Luís Seone deita a mirada sobre activismos educativos na arte

Esta quinta feira,25 de abril, a Fundacióninaugura a exposición A táctica do colibrí. Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos, un proxecto comisariado por José María Mesías Lema.
Unha obra de Xurxo Lobato presente na exposición.
photo_camera Unha obra de Xurxo Lobato presente na exposición.

A vindeira quinta feira, día 25 de abril, a Fundación Luís Seoane acolle a inauguración de A táctica do colibrí, unha exposición que afonda na relación entre activismo educativo e dereitos humanos a través de iniciativas como A Escola Libre de Cerámica de Sargadelos, a Escola Experimental de Arte de Deba en Guipúzcoa e outras propostas semellantes, e dunha serie de experiencias levadas a cabo por artistas contemporáneos en colaboración con centros educativos da Galiza, Madrid e a Comunidade Valenciana.

O formato da exposición, inspirado nos gabinetes de curiosidades e galerías de pinturas, convida ao espectador a elixir o seu próprio percorrido a través dunha arquitectura do descubrimento, do coleccionismo, na que os espazos conectados entre siofrecen diferentes perspectivas acerca do activismo de protesta, intelectual e situado. 

 

Xurxo Lobato, Ruth Montiel e Vero Vicente entre os artistas que expoñen

Comisariada polo profesor da UDC  José María Mesías Lema -a partir do proxecto de investigación Os dereitos da infancia, adolescencia e xuventude: habitando proxectos activistas con estudantes, docentes e artistas contemporáneos, dirixido pola Universidade da Coruña- a mostra inclúe traballos dos fotógrafos Pilar Aymerich, Xurxo Lobato, Ruth Montiel e Vero Vicente; do cineasta e educador Emilio Martí, e dos artistas Miguel Benjumea, David Catá, Sabela Eiriz e Tiffany López-Ganet.

A exposición recolle, ademais, outras propostas como as bandas de poesía activista do colectivo Alouette Machine, as IAulas ou os apartados dedicados ás actividades do colectivo Areanegra e da Escola Libre de Cerámica de Sargadelos.

Comentarios