Do espazo á comarca de Noia: a viaxe de Narci Rodríguez dA Trio ao máis puro estilo Daft Punk
Narci Rodríguez dA Trio fecha unha etapa coa publicación do seu novo videoclip Flight Sensei, a última peza do seu album Apollo III. Ad infinitum (2022). A estética desta viaxe interestelar desde o espazo ás paraxes da comarca de Noia, unida aos ritmos electrónicos e ás voces melódicas, fai lembrar a algúns dos mellores traballos da mítica banda Daft Punk, aos que esta movida canción que reflexiona sobre o amor na súa forma máis sensorial non ten nada que envexar. Trátase ademais da antesala do V traballo desta banda políglota que emprega o galego, o portugués e o inglés como "motores lingüísticos". Segundo adianta Narci Rodríguez dA Trio a Nós Diario, o seu próximo disco, que sairá en setembro e no que o galego gañará aínda máis peso, "será moi diferente" e contará con moitas colaboracións tanto do panorama musical galego como do internacional.
DjMIL publica "Estival", adianto do seu EP 'Osos & Pandeiretas'
VÍDEO | Así soa o avance do novo disco de Anxo Araújo
Dioivo - 'Ata o final'
Novo videoclip, gravado no concerto de Dioivo no Pub Transylvania de Vigo xunto a Karracho e Mortal Maze.
Letra:
A mesma farsa unha vez máis, fannos crer que é liberdade
A democracia do seu imperio a ferro e sangue a imporán
Crense tocados por Deus e co dereito a saquear
e dobregar as almas libres, só podes morrer ou matar
Loitarei, loitarei, loitarei ata o final
Loitarei, loitarei, loitarei ata o final
Falsa superioridade, é mellor quen mata a terra máis
Quen a cambio de ouro e prata devora ós seus irmáns
A humanidade morre lentamente, a eles dalles igual
O pesadelo xa é real, só podes morrer ou matar
Alguén terá que chorar, temos todo por gañar
Loita polos teus irmáns, só un pouco máis
Ata o final loitarei, ata o final loitarei
Loitarei, loitarei, loitarei ata o final
Loitarei, loitarei, loitarei ata o final
Loitarei, loitarei, loitarei ata o final
Loitarei, loitarei, loitarei, ata o final loitarei
Tanxugueiras e Valeria Castro - 'Hoxe, mañá e sempre'
'Onde Vam?', o novo vídeo de Ukestra do Medio
"Onde vam? Onde forom? Onde estám? Essas nuvens, esse céu, ese mar, onde vam?". A banda Ukestra do Medio vén de estrear o seu último videoclip correspondente ao tema "Onde Vam?". Trátase dun vídeo "feito na casa", gravado cun teléfono móbil en Santiago de Compostela e en Boiro (comarca do Barbanza) no ano 2022 e que recolle a letra da canción. A peza forma parte do álbum Histórias cativas, último traballo da banda de Compostela que afianza a súa aposta polos temas propios, e o seu audio foi gravado e mesturado nos composteláns Estudios Potemkin por Jacobo Iglesias e Luís Iglesias, sendo masterizado por SAGE Audio.
"Onde Vam?" é o sexto tema deste disco, e a súa letra fala das frustracións, da saudade duns tempos pasados difíciles de esquecer e das dificultades de superación persoal. Un texto, en definitiva, cunha certa amargura que contrasta co son vitalista que caracteriza a banda.
Guadi Galego - 'O.D.A.'
Caamaño&Ameixeiras - 'Ai de min'
Mondra & Aida & Berto - 'Ruando'
ENQUISA | Que opinas do novo himno do Celta?
A Oliveira dos cen anos torna oficialmente no novo himno do Real Club Celta. Ten autoría colectiva, pois a C. Tangana sumáronse nos últimos meses, nun longo proceso de pre e pos produción, o catalán Cristian Quirante Catalán 'Alizzz' e os galegos Xosé Lois Romero, Xisco Feijóo, Quico Comesaña e Simeón Cantó Gavira 'Sime', este último un vello coñecido da parroquia celeste por ser o vocalista de Keltoi!. E na peza aprécianse as voces e as pandeiretas das Lagharteiras e Lilaina, a pegada da emblemática Coral Casablanca e a presenza tamén dos músicos Pablo Drexler e Alizzz.
Enxeito - 'Ganas de Verte'
Dioivo - 'Cabeiros'
Gallego Común - '1/2 Rural'
1/2 Rural é o último tema da banda Gallego Común. O videoclip foi dirixido, gravado e editado por Sergio Prado (Eido Cinema), e a canción, gravada, mesturada e masterizada por David Bleis (Creoenmi Producciones).
Tecor Societário - 'Caste dos Celtas'
Hugo Guezeta, de Sondarúa, devólvelle o 'beef' a Boyanka Kostova con 'A derradeira lección do mestre'
"Entro en cólera no próximo concerto en que alguén me fale de Alexandre Bóveda". Aquelas foron as palabras coas que o grupo Boyanka Kostova incendiou as redes por medio do seu tema Infeliche, publicado en Instagram para tirarlle 'beef' —termo inglés empregado para denominar unha disputa entre dous rapeiros ou grupos de rap que se dá a través de cancións en que se fan ataques de diversa índole con rimas— a Sondarúa, inmediatamente despois de que esta última formación se despedise oficialmente dos escenarios cun concerto na Sala Capitol de Santiago. Agora o rapeiro Hugo Guezeta, xa ex de Sondarúa, devólvelle o 'beef' a Boyanka cun tema cuxo título xa alude á polémica de Bóveda: 'A derradeira lección do mestre'.
A produción, gravación e mestura corren a conta de Peter Petrowski, e o vídeo é obra de MalRaio Audiovisual.