star
ECONOMÍA
A carne e o peixe, xunto a outros 42 produtos, venderanse sen IVE en Portugal
28/mar./23
Esta terza feira entrou en vigor a rebaixa do IVE para 44 alimentos básicos en Portugal, entre eles, a diferenza de na Galiza, a carne e o peixe. As cadeas de supermercados lusas aínda teñen 15 días para aplicar o IVE cero neses produtos nos estabelecementos de venda. Os sindicatos agrarios da Galiza poñen o foco sobre a necesidade de controlar as marxes de beneficio dos supermercados.