star
CULTURA
Festival dos Eidos, poesía e comunidade
24/ago./23
A herdanza dos poetas toma camiños imprevisíbeis. No libro de Uxío Novoneyra Os Eidos está a semente que deu lugar ao Festival dos Eidos, un proxecto que é festa mais tamén lugar para a palabra poética, para a reflexión sobre un espazo singular e as súas necesidades e, sobre todo, para o convivio e o reforzo da comunidade que o habita e que lle dá sentido. A edición deste ano terá lugar esta fin de semana -do 25 ao 27 de agosto- en Folgoso do Courel.
Contracultura
Helena de Carlos: "A filoloxía é un campo que, se o tomas con paixón, non ten nada de mecánico"
28/xul./23
Helena de Carlos, filóloga latina, volve á poesía tras 16 anos desde a súa última publicación con Imago (Faktoría K), unha obra que serve de testemuña da vivencia e transformación que ten lugar coa primeira menstruación e a menopausa.
CULTURA
O Festival C leva ao agosto de Santiago danza, circo, poesía e arte urbana
12/xul./23
A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, presentaron onte no Pazo de Raxoi unha nova edición do Festival C, con espectáculos de circo, poesía e danza que terán como escenario a praza da Quintana, a Alameda de Santiago e o parque de Bonaval.
CONTRACULTURA
Sol Mariño: “O que tento contar, con poesía ou imaxe, está fóra do evidente. Forma parte dese mundo sutil"
30/xuño/23
Sol Mariño, artista multidisciplinar, vén de inaugurar a súa exposición Nada me pertence. Tudo faz parte de min na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (A Coruña) con fotografías das súas vivencias entre varios territorios seguindo a liña do seu recentemente publicado poemario As alas da serpe (Aira).
CULTURA
Luísa Villalta será a protagonista do Día das Letras Galegas de 2024
29/xuño/23
O 6 de marzo de 2004 falecía na Coruña a escritora e música Luísa Villalta, conmocionando o mundo literario galego. Onte, case dúas décadas despois, a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2024, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.
CONTRACULTURA
Ciro Briones: "Gústame dicir que utilizo a poesía para xogar e para transformar as cousas"
28/xuño/23
Ciro Briones vén de ser galardoado co Premio de Poesía do Concello de Carral pola súa obra 'Oídos de espeleóloga', que será publicada na editorial Espiral Maior.
CONTRACULTURA
Xosé Antonio Neira: "O libro naceu como un caderno de notas no que ía anotando as impresións sobre o Camiño"
22/xuño/23
Xosé Antonio Neira Cruz, xornalista, foi recoñecido co Premio de Poesía Xosé M. López Ardeiro pola súa obra 'Caderno de camiño', composta por 51 poemas que xiran arredor da experiencia do Camiño de Santiago e as vivencias e lecturas que se derivan del.
CULTURA
A II Festa Amergin achega a poesía de Irlanda e a Galiza
21/xuño/23
Recitais, roteiros e intervencións afondarán nas relacións culturais entre a Galiza e Irlanda.
Contracultura
Francisco Javier Fernández: "Non coñezo a ninguén que fale mal dos seus anos de estudante en Compostela"
19/xuño/23
Francisco Javier Fernández foi dobremente galardoado no mes de maio. Por unha parte, o seu poemario 'Koиpostэla' resultou gañador no Certame Poético Rosalía de Castro, mentres que a obra 'Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas' foi recoñecida co Premio de Novela Curta Antón Risco. Fernández aborda o xerme de ambas as historias así como os seus procesos de escrita: “Creo que esa é un pouco a miña voz: narrativa e con ritmo, inzada de imaxes. En cambio, a poesía que escribo é máis conceptual que rítmica”.
Contracultura
Xabier Paz: "A poesía non deixa de ser unha linguaxe sobre outra linguaxe, é un dos milagres da vida"
17/xuño/23
Xabier Paz, doutor en Bioloxía e escritor, regresa á poesía despois de 17 anos cunha plaquette editada en formato bilingüe en galego e francés.
Contracultura
Carlos Barros (SCD do Condado): "Este libro é posíbel grazas ás entrevistas con 40 persoas que fixeron parte do Festival da Poesía"
09/xuño/23
Carlos Barros González, xornalista e membro da Sociedade Cultural e Deportiva do Condado, é un dos encargados de elaborar o libro que conmemora os 50 anos desta asociación a través de entrevistas coas persoas fundadoras e material gráfico e de hemeroteca.
CONTRACULTURA
O Rabelo: "Todas as persoas queer con proxectos artísticos que coñezo están optando polo crowdfunding"
07/xuño/23
Xanhe Redondo, máis coñecido polo seu nome artístico 'O Rabelo', vén de pór en marcha unha campaña de crowdfunding para levar adiante o seu próximo disco, 'Silva', que estará acompañado dun documental e unhas xornadas sobre o rural e o queer así como dun libro de poesía, 'Betadine'.