Miles protagonizan un Aberri Eguna expansivo polo dereito a decidir de Euskal Herria
Prazas de 128 concellos de toda Euskal Herria acolleron a celebración dun Aberri Eguna expansivo que tivo Iruñea como punto central. Nos actos, que foron convocados por Euskal Herria Batera, reivindicouse un país “con capacidade decisión e plenitude de dereitos políticos, para ofrecer dignidade e garantías a todas as persoas". Mentres, o PNV realizou un acto en Bilbo en que se reivindicou como forza abertzale e chamou a completar “por fin” o Estatuto, logrando todas as competencias, como antesala da consecución dun novo status para que as e os vascos decidan o seu futuro.
Voces no PSE piden repensar a estratexia de cogoberno co PNV ante a falta de crecemento electoral
O temor a unha elevada abstención paira sobre a campaña das eleccións vascas
O PNV chama a coller "polos cornos" as eleccións
O Goberno español permite a celebración das eleccións vascas e galegas durante o estado de alarma
O compromiso do Goberno español co PNV de que o estado de alarma "non suporá obstáculo algún" para a celebración das eleccións abre a porta a que poidan convocarse durante a súa vixencia os comicios vascos e galegos.
Euskadi debate sobre un novo Estatuto e o dereito a decidir
A Cámara vasca debaterá o borrador do novo Estatuto redactado por un grupo de persoas expertas por encomenda do propio Parlamento. EH Bildu entregará un documento propio.
Euskadi consolida a senda do autogoberno
O PNV non compromete o seu apoio mais amosa satisfacción
«Responsábel e construtiva» será a posición do nacionalismo vasco ante o preacordo de Goberno alcanzado por Unidas Podemos e PSOE, segundo asegurou portavoz jeltzale no Congreso Aitor Esteban.
O soberanismo gaña en Euskadi e a dereita estatal fica sen oco
As enquisas confirman a forza do nacionalismo en Euskadi e Catalunya e a volta do BNG ao Congreso
As sondaxes publicadas nos últimos días demostran a fortaleza das formacións nacionalistas en Euskadi e en Catalunya. Na Galiza, rexistran a volta do BNG ao Congreso. As nacións sen Estado seguen a fechar as portas ao ultraespañolismo de Vox.
Compromiso tamén pide unha candidatura unitaria
O terceiro Congreso Nacional de Compromiso por Galicia (CxG) celebrouse este sábado en Compostela e acordou a continuidade de Juan Carlos Piñeiro como secretario nacional nun consello composto por corenta persoas. CxG, igual que En Marea, tamén piden unha candidatura "unitaria" cara ao 10N "das forzas con centro de decisión na Galiza".
O PNV aumenta a presión sobre Sánchez e di que polo de agora está no "non" á súa investidura
No que ten todo o aspecto de ser unha xogada táctica, a formación jeltzale envía un recado a Ferraz: equivócase o PSOE se dá por feito os 6 votos da formación liderada por Urkullu á investidura de Sánchez.
O deputado Aitor Esteban fai campaña en Ourense con Compromiso por Galicia
O portavoz do PNV no Congreso, Aitor Esteban, viaxou até Ourense para dar soporte ás candidaturas de Compromiso por Galicia ás eleccións municipais e europeas do 26M. A formación galeguista e máis a jetzale concorren coaligadas aos comicios europeos.
O nacionalismo vasco consegue a transferencia da autoestrada AP68
Euskadi logra a transferencia estratéxica da AP68, tras o nacionalismo apoiar seis decretos de Sánchez. Mentres, o goberno central non outorga a transferencia desa mesma competencia, na AP9, para Galiza.
Otegi pide unha grande alianza nas eleccións xerais que vaia desde o PNV até a CUP
O diagnóstico do líder abertzale é que a situación é excepcional e que o combate contra o "autoritarismo" da tríade dereitista —PP, Cs e Vox— exixe de grandes converxencias políticas. Otegi critica o PSOE polo seu "racanarismo político".
Pontón vaise reunir no Congreso coas forzas soberanistas na procura de apoios á transferencia da AP9
Horas antes do debate do proxecto de lei da transferencia da AP9 no Congreso, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o portavoz parlamentario de infraestruturas, Luís Bará, reuniranse en Madrid con deputados e deputadas de EH-Bildu, ERC, PNV, PDeCat e Compromís.
Grupos soberanistas e da esquerda no Congreso asumen o traslado a Galiza dos presos independentistas
Unha delegación da plataforma Que Voltem para a Casa mantivo esta semana encontros en Madrid con representantes de En Marea, ERC, PNV, Bildu e Compromís para pedir apoio para o achegamento a Galiza dos presos independentistas así como a fin da "excepcionalidade" nos seus graos penitenciarios. “Saimos con bos sinais destas xuntanzas”, confesa Cristina Rodríguez, de Que Voltem.
PNV e PDeCAT bloquean o acordo para designar Andrés Gil novo presidente de RTVE
PSOE e Podemos consensúan o nomeamento do que é actualmente redactor xefe de Política do dixital para a cadea pública española. Nacionalistas vascos e cataláns trasladaron o seu malestar por non ser consultados nin informados en ningún momento, cando os seus apoios son indispensábeis para nomealo presidente.
O PNV DITA SENTENZA CONTRA RAXOI
Aitor Esteban acaba de facer oficial, desde a tribuna do Congreso dos Deputados, o voto afirmativo á moción de censura contra Raxoi. Segundo a estimación do portavoz do PNV, a iniciativa de Sánchez contaría xa con 185 apoios na cámara. É o principio do fin do ciclo Raxoi na política estatal.