LINGUA
A Asemblea Xeral da Mesa exixe que se cumpra o Plan de Normalización Lingüística
29/abr./24
Anima a sociedade a manifestarse o vindeiro 17 de maio.
A dificultade de pasar ao galego con persoas e ambientes cos que sempre falaches castelán pode ser moi grande, por iso podes comezar a empregar o galego en ambientes novos e con xente descoñecida, para que introducilo na túa vida persoal sexa máis doado. Consellos coma este son os que ofrecen A Mesa pola Normalización Lingüística ou Galiza Nova para os novos neofalantes.