star
Especial Soberanía Alimentar
Ana Isabel García Arias
25/xul./23 8:30
Son frecuentes as acusacións á actividade gandeira de ser unha das principais fontes de emisión de gases de efecto invernadoiro. Engádense as tendencias alimentarias que denuncian o exceso de consumo de carne nas sociedades actuais por insostibles. A gandería galega é a base da nosa economía agraria e ademais conforma paisaxes e agroecosistemas. Debemos considerar os sistemas alimentarios no seu conxunto, diferenciando entre formas máis ou menos industrializadas de produción, para ver efectos diferentes sobre a súa sustentabilidade económica, social e ambiental.