Ferrol

Protestas do 10 de marzo de 1972 en Ferrol. (Foto: Fundación 10 de marzo)
MEMORIA E HISTORIA

A Xustiza ordena recoñecer Amador Rey como vítima do franquismo

A Audiencia Provincial da Coruña estimou o recurso de apelación dos tres fillos do falecido e revogou o auto ditado en primeira instancia número 3 de Ferrol, en canto negaba a súa xurisdición para tramitar a declaración de feitos pasados solicitada. A resolución é firme e non cabe recurso.
O deputado e portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, hoxe, en rolda de prensa. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)
POLÍTICA

Rego explica en Ferrol os "beneficios" para a comarca tras o acordo de investidura co PSOE

Rego tamén destacou a medida referida á compensación da débeda da Galiza de forma análoga á que se realiza con outros territorios e o avance no traspaso de competencias pendentes para mellorar o autogoberno.
Mónica Camaño e Casilda Alfaro nun ensaio da obra.  (Foto: Chiripa / Teatro do Noroeste)
star
CULTURA

Teatro do Noroeste mostra en escena o sufrimento das mulleres

Teatro do Noroeste volve a unha das súas obras de máis éxito, As damas de Ferrol, que reestrea esta fin de semana no Teatro Jofre da cidade naval. Escrita por Eduardo Alonso, estreouse en 2002, baixo a dirección do propio autor. A nova montaxe está dirixida por Clara Gayo e conta con Mónica Camaño e Casilda Alfaro como protagonistas, con música orixinal firmada por Chefa Alonso, escenografía e vestiario de Carlos Alonso. 
 
Manifestación contra o espolio eólico este domingo en Ferrol. (Foto: Vento Mareiro)
SOCIAL

Veciñanza das cidades e do rural marcha xunta en Ferrol contra o “espolio eólico”

“Están a roubarnos un futuro verdadeiramente sustentábel e pretenden maquillar o seu espolio de burla verde”

Baldur Brönnimann dirixindo a Real Filharmonía de Galiza. (Foto: Manu Vidal)
star
CULTURA

Brönnimann e a Real Filharmonía traen ao palco a dimensión social da música: "Non é clasista; o marco en que se presenta, si"

Baldur Brönnimann, director titular da Real Filharmonía de Galiza desde hai un ano, explicou nunha conferencia no Ateneo de Santiago os fundamentos do seu proxecto musical, apoiándose na democratización da música e na renovación do repertorio.
Iván Ribas, Ana Pontón e Néstor Rego, esta sexta feira en Ferrol. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG "pon Ferrol no mapa": Pontón valora as melloras alcanzadas co acordo de BNG e PSOE

Rebaixas nas peaxes e modernización ferroviaria
O Rácing, a día de hoxe, está instalado no 'play-off' de ascenso. (Foto: LFP).
Fútbol

É este o mellor Rácing de Ferrol de todos os tempos?

Héber Pena abre o debate sobre se o actual equipo é o número '1' na historia dos Diaños Verdes.
Eduardo Alonso, autor de 'As damas de Ferrol'.
CULTURA

Teatro do Noroeste volve representar 'As damas de Ferrol' nunha nova montaxe

A compañía volve a unha obra estreada hai 20 anos, agora cunha nova dirección a cargo de Clara Gayo.

Protestas do persoal de Navantia Ferrol (Foto: Europa Press).
Agora

Novas protestas en Navantia Ferrol polo "incumprimento" por parte da empresa do convenio

Delegados do comité de empresa de Navantia Ferrol e das federacións de Industria dos sindicatos CIG, CCOO e UXT, protestaron desde as 05 horas desta segunda feira no acceso ao interior deste estaleiro de traballadores de varias empresas auxiliares, ás que acusan de non cumprir cos acordos salariais recollidos no convenio do metal e no anexo para os dous centros de traballo que a empresa naval pública ten na ría de Ferrol. Os representantes sindicais posicionáronse en ambas as portas e reclamaron que a empresa cumprise os acordos.

Xaquín Marín. (Foto: cedida)
CULTURA

Galiza Cultura rende homenaxe ao mestre do humor Xaquín Marín

O acto repasará máis de 60 anos de traxectoria profesional do humorista gráfico galego máis relevante despois de Castelao
Estaleiros de Navantia en Ferrol. (Foto: Nós Diario)
Xustiza

O TSXG ratifica a condena a Navantia pola morte dun traballador por exposición ao amianto

A sentenza subliña que a compañía non facilitaba máscaras aos traballadores, que tampouco recibían "información expecífica" sobre a súa exposición ao amianto ou as medicións sobre a súa presenza no aire.
Persoal de Navantia bloqueando a entrada o estaleiro en Ferrol. (Foto: Europa Press).
Agora

Impugnan o censo das eleccións sindicais de Navantia-Ferrol por incluír "representantes da empresa"

A CXT vén de impugnar ante a mesa electoral central de Navantia-Ferrol o censo provisional para as eleccións sindicais que decorrerán en outubro, por supostamente incluír persoas que son "representantes da empresa". Segundo denuncia a organización, o censo inclúe directores, membros do comité de dirección e representantes da compañía presentes na comisión negociadora do convenio colectivo. Neste contexto, a CXT cualifica de "aberración" que estas persoas "poidan votar para escoller aos que van ser os seus interlocutores nas relacións laborais". Por iso, remarcan, "deben ser excluídos do censo".
Ana Vilas e Sergio Beceiro.
star
Reportaxes

Anta Arquitectos: Revitalizar

Bos materiais e boa construción, independentemente das modas pasaxeiras, son garante de lonxevidade en arquitectura. O estudio Anta, asentado en Ferrol, ten unha traxectoria rehabilitando edificios con séculos de historia. As súas intervencións, feitas con materiais nobres, procuran prolongar a vida dos edificios para transmitilos ás próximas xeracións.
O camión atrancado en Ferrol.
Agora

Un camioneiro lituano queda atrapado co seu trailer nunha estrada de Ferrol polo GPS

Un camioneiro de nacionalidade lituana quedou atrapado co tráiler de grandes dimensións que conducía nunha estrada de Ferrol ao seguir as indicacións, erróneas, do seu GPS. O incidente produciuse contra as 13.30 horas na zona do Calvario, na parroquia de Santa Icía, nun lugar no que tamén limitan os municipios de Ferrol e Narón. Ao lugar do incidente desprazáronse nun primeiro momento axentes da Policía Local de Ferrol, que trataron de colaborar co profesional para poder realizar a manobra, pero non resultou posíbel, pois hai un muro de formigón nun lado e, no outro, un gardarraíl, todo iso nunha zona moi estreita e en curva. Posteriormente desprazáronse profesionais de Bombeiros de Ferrol, que traballan na retirada dunha parte do gardarraíl para que o camión puidese reanudar a marcha. Algúns veciños do lugar afirmaron que outros condutores con camións que seguen as indicacións do GPS xa se viron en situacións similares, aínda que a vía non permanecera nunca durante tanto tempo cortada.
A praia da Graña, en Ferrol (foto: Turismo da Galiza).
SOCIAL

Fechan o baño na ferrolá praia da Graña tras detectarse a presenza da bacteria E.coli

Segundo as analíticas recentes que efectúa a Xunta da Galiza nos areais do país, os parámetros de bacteria E.coli na praia da Graña son superiores aos recomendados.
Exemplares de carabela portuguesa recollidos esta cuarta feira, 30 de agosto, en Ferrol. (Foto: Concello de Ferrol)
SOCIAL

Mantense o feche ao baño nas praias da Coruña pola presenza de carabelas portuguesas, e súmanse as de Ferrol

No areal ferrolán de Santa Comba contabilizaronse máis de 30 exemplares de medusa

Punta Frouxeira, en Valdoviño, lugar onde probabelmente faenase a embarcación perdida (Foto: Turismo da Galiza).
SOCIAL

Rescatados en bo estado os dous tripulantes dunha embarcación desaparecida en Ferrol

O habitual, apuntan estas fontes, é que esta embarcación faene nunha zona entre Punta Langosteira e Punta Frouxeira.
Hospial Arquitecto Marcide de Ferrol. (Foto: Sergas)
SOCIAL

Falece unha muller de Ferrol após a suposta agresión do seu irmán nun brote psicótico

Os feitos producíronse o domingo

A quenlla varou á beira do areal de Doniños, en Ferrol (Foto: Concello de Ferrol).
SOCIAL

Unha quenlla peregrina de seis metros aparece morta na praia de Doniños, en Ferrol

O achado provocou a sorpresa das e dos bañistas, que deron aviso aos servizos de emerxencias e mais a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma).
Manuel Fernández 'Remesar', Marisa Vázquez, Xosé María Brañas e Xan López 'Lito'. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Ex presos políticos lembran Reboiras e a represión de 1975

Catro militantes da Unión do Povo Galego non foron liberados até 1977