star
Análise
De que se pode –ou debe– facer a pasta de celulosa?
16/abr./24
Albino Prada é profesor da UVigo. Investigador de Ecobas e membro do Consello Científico de Attac
SOCIAL
Ulloa Viva e a PDRA critican que a mesma consultora que rexeitou o traslado de Ence ao río Ulla acepte agora a instalación de Altri
15/abr./24
Os dous colectivos animan a alegar contra o proxecto de Altri e "os seus efectos devastadores no mar e no interior".
star
Análise
O rural era un mercado
13/abr./24
Isabel Vilalba é gandeira e secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego.
ECONOMÍA
A celulosa de Altri poría en perigo 19.000 postos de traballo na ría de Arousa: "O seu modelo é a antítese da pesca"
13/abr./24
O sector do mar da ría de Arousa representa o 1,33% da produción total da economía galega, achega o 33% do valor engadido do sector en todo o país e dá traballo directa e indirectamente a milleiros de familias. Ten 40% das embarcacións pesqueiras e marisqueiras da Galiza e perto de 70% das bateas de mexillón. A PDRA presenta alegacións ao Proxecto Gama.
POLÍTICA
Alcaldes e edís socialistas da Ulloa á Arousa piden ao partido unha estratexia ante Altri: "Non vale estar de perfil"
12/abr./24
Representantes de 25 concellos manteñen esta sexta feira un encontro en Melide para formar unha mesa de traballo sobre a celulosa de Altri.
Entrevista
Serxio Núñez (Santiso Vivo): "A celulosa de Altri en Palas de Rei vai crear un problema laboral en toda a contorna"
12/abr./24
Serxio Núñez é natural da parroquia de Visantoña (Santiso, Terra de Melide). Mestre de primaria, é ademais abandeirado da loita contra a instalación da celulosa de Altri no concello veciño de Palas de Rei. Co nacemento da Plataforma Ulloa Viva, creouse o colectivo Santiso Vivo, do que Serxio Núñez é voceiro.
Medio Ambiente
Ecoloxistas lusos alertan do potencial contaminador das celulosas de Altri: "Ruído, mal cheiro e emisións de residuos"
10/abr./24
Altri é unha vella coñecida dos colectivos ecoloxistas portugueses, nomeadamente do Movimento pelo Tejo, unha iniciativa cidadá que vela pola calidade das augas do río e a conservación da súa biodiversidade en beneficio das comunidades locais.
POLÍTICA
O presidente da Deputación de Lugo reúnese con Altri e Ulloa Viva: "Fibras téxtiles si, celulosa tipo Ence non"
09/abr./24
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé (PSdeG-PSOE), mantivo esta terza feira unha reunión con responsábeis da empresa portuguesa Altri, por unha parte, e con membros da plataforma Ulloa Viva, pola outra.
POLÍTICA
O Concello de Taboada rexeita o proxecto de Altri
09/abr./24
A moción do grupo nacionalista saíu adiante cos votos do BNG e do PSdeG e coa abstención do PP.
SOCIAL
Unha andaina entre Palas de Rei e Santiso di 'non' a Altri e ao seu "xigante industrial sedento de auga"
07/abr./24
Perto de 400 persoas convocadas polo colectivo Santiso Vivo da Plataforma Ulloa Viva participaron este domingo nunha andaina reivindicativa que percorreu os cinco quilómetros que separan a Finca de Quintas (Palas de Rei, A Ulloa), onde Altri quere construír unha macrocelulosa, e a área recreativa da Cornella (Santiso, Terra de Melide).
SOCIAL
Alcaldes dos concellos afectados pola celulosa, de 'excursión' en Portugal con Altri: é ético?
07/abr./24
Altri convidou alcaldes da comarca da Ulloa a coñecer as súas plantas en Portugal para amosarlles en persoa o seu funcionamento e a súa integración na contorna no que están implantadas.
star
Análise
Greenfiber: a estafa do Partido Popular
06/abr./24
Bernardo Valdês é professor do Departamento de Economía Aplicada da USC.
Medio Ambiente
Altri "ameaza" especies protexidas na Ulloa e persoas expertas advirten: "O Estudo de Impacto Ambiental é penoso e escuro"
06/abr./24
A herba de namorar de Merino, a margarida de Barazón e a santolina de Melide están 'en perigo de extinción” segundo o 'Catálogo Galego de Especies Ameazadas' da Xunta. Especialistas en bioloxía alertan: "A celulosa de Altri non respecta a súa protección”.
POLÍTICA
O BNG solicitará ao Goberno estatal que "non ampare nin apoie" a instalación de Altri
05/abr./24
"Vai o Goberno incluír o proxecto de macroplanta de celulosa de Altri en Palas de Rei nas axudas Perte de descarbonización industrial?" preguntará a senadora Da Silva ao ministro Hereu.
Medio Ambiente
Ecoloxistas piden o recoñecemento institucional dos dereitos do Ulla ante a "ameaza" de Altri
04/abr./24
Remarcan que máis dunha trintena de Estados adoptaron instrumentos lexislativos para o recoñecemento de cursos fluviais, tal e como ocorre no río Ganges na India ou no Atrato en Colombia.
Entrevista
Marta Gontá (Ulloa Viva): "O negocio de Altri consiste en privatizar a terra e a auga de todas nós"
04/abr./24
A Plataforma Ulloa Viva ten feito, nuns meses, do 'Proxecto Gama' de Altri un asunto de debate e preocupación a nivel galego. A contestación social á macrocelulosa que a pasteira portuguesa quere instalar en Palas de Rei (A Ulloa) ten, grazas ao movemento veciñal, a entidade para acaparar o debate político na Galiza.
ECONOMÍA
Greenfiber lanza unha web da fábrica de Palas na que nega ser unha celulosa para papel
03/abr./24
A compañía sostén que a fábrica "non suporá ningún impacto na fauna nin a flora local", ademais de que se nutrirá de eucalipto "excedentario".