Junts pide repetir o voto exterior do 12M e denuncia 'graves irregularidades'
A formación de Carles Puigdemont afirma que hai votos que "non entraron en urna e foron destruídos".
A formación de Carles Puigdemont afirma que hai votos que "non entraron en urna e foron destruídos".
Pedro Sánchez (PSOE), presidente do Estado español, desbotou a sexta feira que haxa posibilidades de que permitan a investidura no Parlament do ex mandatario catalán e candidato de Junts, Carles Puigdemont, que instou o PSC-PSOE a absterse, defendendo que o seu candidato, Salvador Illa, debe ser o novo president, demandando "responsabilidade" para que se evite unha repetición electoral que decorrería o próximo outubro.
A derrota do independentismo en Catalunya marca un punto de inflexión no proceso de autodeterminación que o país iniciou en 2012 e deixa paso a un período de difícil gobernabilidade, sen indicios polo de agora de que existan posibilidades de acordo para evitar unha repetición electoral neste ano.
A primeira xornada da campaña en Catalunya comezou coa negativa do candidato do PSC, Salvador Illa, a ser investido cos votos da dereita española, logo de ameazar Carles Puigdemont (Junts) con que iso implicaría a fin do apoio da forza soberanista a Pedro Sánchez en Madrid, que lle permitiu alcanzar a Presidencia.
Após ser destituído de forma executiva polo Estado español en 2017, Carles Puigdemont tratará de recuperar a Presidencia de Catalunya á fronte de Junts, para o que terá que superar a estimación de voto que prevén as enquisas para a formación nacionalista catalá.