A escultora Encarna Penelas doa a súa colección de arte ao Concello de Vigo
Unha moeda: un mundo
Paula Blanca Rodríguez: "Atopei unha conexión entre a rebeldía evidente e a rebeldía solapada na pintura"
A beleza artística sempre está en movemento
A triste sorte dos murais coruñeses de Lugrís: "Todas as demoras levaron á situación na que estamos agora"
Vero Rilo, Mónica de Nut e Nuria Vil: "Desde a nosa perspectiva artística, cada unha de nós dialoga ou reinterpreta a obra de Villalta"
'Bueno, carallo, bueno': Xosé Freixanes, Alberto Avendaño e a apocalipse
Bueno, carallo, bueno é unha colaboración entre o pintor Xosé Freixanes e o poeta Alberto Avendaño. Un libro que deixa de ser libro para ser exposición e unha exposición, que se pode ver agora en Vilagarcía, que chama polo libro. Nese proxecto, os dous creadores sitúanse como espectadores dunha apocalipse que está sendo longa e que resulta xa aburrida. Contemplándoa, reflexionan sobre identidades, hibridacións e viaxes.
Fotografía e xénero, a obra de Alice Austen
Nova exposición sobre as identidades en Pontevedra
30 artistas galegas lanzan un manifesto polo "cambio galego" o 18 de febreiro
Entre as persoas asinantes están Leandro Lamas, Pruden e Lúa Lomo ou o Carrabouxo
A fraxilidade na obra de Vicente Blanco
Pode a vida ser arte?
Un traballo coidado, por fóra e por dentro
Así é a arte que xorde da precariedade na Fundación Laxeiro
Entre o underground e a primeira liña política: o punk elegante de Chichi Campos mostra as súas estampas no Día da Ilustración
Lois Patiño reivindica a mirada activa: así é 'Marea', a exposición que o artista inaugura na Coruña
O Museo de Lugo incorpora á súa colección unha obra de Leopoldo Nóvoa
O Museo Provincial de Lugo incorpora á súa colección de arte galega a obra Samos do artista lucense Leopoldo Nóvoa (1919-2012), doada ao museo pola viúva do pintor, Susana Carlson. A deputada de Cultura, Iria Castro, e a directora do Museo, Aurelia Balseiro, recibiron a doazón da man de Rosario Sarmiento, comisaria da exposición Leopoldo Nóvoa. O silencio da pintura, patente na Sala de Exposicións Temporais até o 4 de febreiro.
Samos é un cadro que ten como elemento central unha lasca de pizarra recollida polo pintor na vila de Samos. Foi realizado en Armenteira, na casa-taller na que Nóvoa, pasaba longas tempadas estivais, e que constituía un dos seus espazos de creación mais importantes. Un lugar da gran sobriedade, beleza e recollimento que Nóvoa levaba as súas obras. En Samos está presente, nese sentido, o valor da sobriedade no discurso plástico do artista. É unha obra na que predomina os negros o grises, apenas rotos por una banda de cor avermellada que atravesa a súa superficie lateralmente.