O volcán Ruang, situado ao norte de Indonesia, entrou en erupción na noite desta cuarta feira e nas redes sociais apareceron vídeos impresionantes da súa actividade, que está provocando unha situación de alerta no Estado asiático.
Erupción del Volcán Monte Ruang en Indonesia 🌋🇮🇩pic.twitter.com/PkR2jCbfHz
— Enséñame de Ciencia (@EnsedeCiencia) April 18, 2024
As asombrosas imaxes parecen irreais polas vivas cores provocadas pola lava incandescente e os escintileos dos lóstregos sobre as nubes de fume que rodean o volcán indonesio. Ademais, o Centro de Vulcanoloxía e Mitigación de Perigos Xeolóxicos difundiu unha extraordinaria fotografía do volcán lanzando lava e unha enorme columna de cinzas.
Máximo nivel de alerta
As autoridades de Indonesia elevaron ao máximo o nivel de alerta pola erupción do volcán Ruang, situado na provincia de Célebes Setentrional, e pediu a evacuación "inmediata" da poboación que se encontre nun radio de seis quilómetros, ao tempo que advertiu do risco de tsunami na zona.
A Axencia Nacional de Mitigación de Desastres (BNPB) de Indonesia indicou nun comunicado publicado na súa páxina web que o nivel de alerta foi elevado a IV ante o incremento da actividade volcánica do Ruang desde comezos de abril.
Authorities in Indonesia have issued a tsunami alert after a series of volcanic eruptions on Mount Ruang that already forced the evacuation of hundreds of people. pic.twitter.com/CW2wkbO8bM
— DW News (@dwnews) April 17, 2024
Así, o volcán expulsou durante a xornada do 16 de abril unha columna de fume e cinza duns 2.000 metros de altura, que aumentou até os 3.000 metros durante a xornada da cuarta feira, "acompañada de sons ruxidoiras e un terremoto que tamén se notou no posto de observación do volcán Ruang".
O organismo recalcou que a erupción, que aconteceu nas últimas horas, provocou unha chuvia de cinza, acompañada de pedra e grava, que chegou a zonas residenciais na costa de Tagulandang, con varias persoas feridas polo impacto dos materiais. As autoridades evacuaron a perto de 1.000 persoas e pediron á poboación e ás turistas que "non entren nun radio de seis quilómetros desde o centro del cráter activo do volcán Ruang".