Un incendio comezado pola noite queima xa máis de 20 hectáreas na Caniza

A Consellaría do Medio Rural informou de que na pasada noite iniciouse un incendio forestal na localidade da Caniza (A Paradanta), que queima xa máis de 20 hectáreas. En concreto, o fogo comezou pasadas as 22 horas desta terza feira na parroquia da Parada das Achas. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción dous técnicos, oito axentes, 15 brigadas, 12 motobombas e unha pa.
Unha axente das Brigadas de Reforzo en Incendios Forestais durante a extinción dun incendio en xullo de 2022, en Samos, comarca de Sarria (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
photo_camera Unha axente das Brigadas de Reforzo en Incendios Forestais durante a extinción dun incendio en xullo de 2022, en Samos, comarca de Sarria (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Comentarios