A segunda folga xeral contra Milei paraliza autobuses, aeroportos, ensino ou a Administración pública

97% de seguimento no funcionariado
Praza baleira na folga xeral que decorreu a quinta feira na Arxentina. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Praza baleira na folga xeral que decorreu a quinta feira na Arxentina. (Foto: Nós Diario)

As principais rúas arxentinas estaban a quinta feira baleiras, reportou a axencia AP, amosando o éxito da segunda folga xeral contra as políticas do presidente de extrema dereita, Javier Milei, impulsada pola Confederación Xeral do Traballo (CXT), a Central de Traballadoras e Traballadores da Arxentina (CTA-T) e a Central de Traballadores da Arxentina Autónoma (CTA-A).

O Executivo admitiu que o efecto da greve no transporte público impediu desprazarse a 6,6 millóns de persoas a pesar de minimizar a folga ao longo da xornada, ameazando as organizacións sindicais e as persoas que participaron na protesta, á que se adheriron a meirande parte das e dos docentes arxentinos.

Na Administración pública, o secretario xeral da Asociación de Traballadores do Estado, Rodolfo Aguiar, cifrou en 97% a participación no paro. Nos aeroportos, foron cancelados máis de 400 voos nacionais e internacionais, afectando a máis de 70.000 pasaxeiras e pasaxeiros. Tampouco houbo recollida de lixo, servizos de correo, portuarios ou atención bancaria.

Comentarios