Biden aproba o envío de armas a Ucraína e Israel e veta TikTok se non se vende a unha empresa occidental

Taiwán recibirá un novo paquete de armamento
O presidente estadounidense, Joe Biden, a cuarta feira. (Foto: Ron Sachs / Europa Press / Contacto)
photo_camera O presidente estadounidense, Joe Biden, a cuarta feira. (Foto: Ron Sachs / Europa Press / Contacto)

Tras a aprobación do lexislativo, o presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, promulgou a cuarta feira un proxecto de case 90.000 millóns de euros que inclúe o envío de armas a Ucraína, Israel e Taiwán. No que atinxe ao país eslavo, recibirá máis de 55.000 millóns de euros en total, incluídos 8.400 millóns en “préstamos condonábeis” para evitar o colapso da súa economía.

Ao respecto de Israel, o paquete de 24.000 millóns de euros tamén está composto fundamentalmente de armas, culminando o aumento dos envíos que comezou en paralelo á agresión israelí ao territorio palestino de Gaza.

Pola súa parte, Taiwán, considerado pola China como parte do seu territorio, recibirá a maioría dos 7.500 millóns de euros dun paquete para entregar armas a outros aliados na rexión e reforzar a súa infraestrutura submarina.

En paralelo, foi aprobada unha lei con varias disposicións, unhas das que obriga ByteDance, a empresa chinesa propietaria da rede social TikTok, a vendela a unha compañía occidental en medio ano ou será prohibida.

Comentarios