Galiza, cara a unha nova Marbella?: A construción hoteleira aumenta en 40%

O investimento en novas obras e reformas de hoteis no primeiro trimestre triplica o de hai un ano

grúas construción obras traballo

A execución de novas obras e reformas de hoteis encara un 2024 de récord despois de que o volume de operacións no Estado aumentase en 64,8% no primeiro trimestre respecto ao mesmo período do ano pasado.

Esta tendencia agudiza a evolución á alza que caracterizou  2023, cando a construción hostaleira aumentou en 11,9%, segundo Newsline.

Tan só na Galiza, a construción hostaleira creceu 40% respecto ao primeiro trimestre do ano pasado até atinxiras 35 operacións. Para a execución destes proxectos, este ano destináronse 33,65 millóns de euros (fronte aos case 7 de 2023); reflectindo o aumento dos investimentos para turismo das costas galegas e das escapadas rurais.

Así o revelan os datos analizados pola firma tecnolóxica de solucións analíticas DoubleTrade, que auguran un incremento exponencial en oferta hoteleira para dar resposta á crecente demanda turística.

En total, no primeiro trimestre de 2024, o investimento para a reforma e construción de hoteis superou os 1.958 millóns de euros e repartíronse en 412 obras en hoteis no conxunto do Estado.

De replicarse as cifras rexistradas no inicio de ano ao longo de todo o 2024, a industria estaría ante un ano histórico tanto en volume de obras como no orzamento que se lles destina.

Segundo apuntan desde DoubleTrade, esta evolución sería un novo fito despois de que o ano pasado superásese nun 11,9% a execución de novas obras e reformas de hoteis ata alcanzar as 888 obras, para as que se destinaron 1.112 millóns de euros; un 3,9% máis que o ano anterior.

A Xunta pretende autorizar máis de 300 hoteis na costa da Galiza

O 15 de decembro de 2022 o Consello da Xunta da Galiza aprobou o anteproxecto de Lei de ordenación do litoral da Galiza. A norma pretendía, entre outras cuestións, autorizar arredor de 300 estabelecementos hoteleiros en diversos puntos da costa. 

Comentarios