Agora
lugo
Agora

Un home dáse á fuga en Lugo tras ser interceptado conducindo sen carné e tras consumir alcol e drogas

Un home de 31 anos de idade deuse á fuga na madrugada desta terza feira en Lugo tras ser interceptado conducindo sen carné e baixo os efectos do consumo de alcol. Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 04 horas, cando os axentes detectaron un vehículo que circulaba de forma irregular pola rúa Santiago. Por iso, procedeuse a darlle o alto, presentando os condutor signos de embriaguez, dando un resultado positivo de 0,67 miligramos por litro de aire expirado nas probas realizadas. Tamén se detectou consumo de metanfetaminas. Desta maneira, os funcionarios comezaron a instruír dilixencias por un delito contra a seguridade viaria. Con todo, o individuo fuxiu á carreira, sendo perseguido polos policías, que finalmente o perderon de vista. A pesar de que o home achegou datos falsos sobre a súa identidade, a investigación permitiu determinar o seu verdadeiro nome, detectando á súa vez que carecía de permiso de conducir por non obtelo nunca. 

sevilla
Agora

Seis mortos ao arroiar un camión un control da Garda Civil en Sevilla

Seis persoas faleceron esta madrugada, no mínimo dúas delas gardas civís, cando un camión arroiou un control de tráfico no Concello de Palacios (Sevilla, Andalucía) na AP-4, segundo informou a Garda Civil. O suceso produciuse esta madrugada no quilómetro 20 da vía por circunstancias que se están investigando.

O técnico só dirixiu o Compos en 20 partidos ligueiros. (Foto: SD Compostela).
Agora

Michel Alonso dimite como adestrador do Compostela

Movemento de relevancia no Grupo '1' da Segunda Federación do fútbol masculino, onde militan numerosos equipos galegos: dimite Michel Alonso. O ferrolán, de 49 anos, era o responsábel técnico da SD Compostela desde o despido do seu predecesor no cargo, Manel Menéndez, na xornada oitava de campionato. Desde entón, o ex de clubs como Coruxo ou Formentera lograra reconducir o errático rumbo da nave compostelá, obtendo sete vitorias nos seus 10 primeiros partidos,  pero desde a entrada no presente ano 2024 sumiuse nunha negativa xeira de resultados que o levou a sumar só nove puntos dos últimos 30 posíbeis. Polo de agora, e mentres o club non contrata un substituto para Míchel Alonso, dirixirán os adestramentos do Compostela de maneira interina Antón Permuy e Dani Gesto. 
En papel
Humor
Locais de hostalaría onde podes ler 'Nós Diario'
Ler o diario impreso na hemeroteca
Comprar o diario impreso
03-nos-btns-20200406-1