MEMORIA E HISTORIA
Redondela rende homenaxe a Durán Clemente "polo seu compromiso coa liberdade e a democracia"
09/maio/24
Durán Clemente, un dos capitáns da Revolución dos Caraveis, desempeñou un papel central na operación militar que derrocou o réxime ditatorial portugués. A alcaldesa salientou o seu papel como defensor "das liberdades e a democracia".
SOCIAL
Elías J. Torres Feijó, decano de Filoloxía da USC: "Non se debe confundir a Revolución dos Cravos cunha canción"
01/maio/24
Elías J. Torres Feijó (Tui, 1964) vén de ser reelixido decano da Facultade de Filoloxía da USC, a primeira en iniciar a conmemoración do 50 aniversario da Revolución dos Cravos, no mes de abril; e a última en engrandecer a memoria histórica do que supuxo este proceso democrático contemporáneo nos días 7 e 8 de maio.
star
Análise
Abril como memoria, pero sobre todo como futuro
30/abr./24
Duarte Correa é profesor de Xeografía e Historia e analista internacional.
CULTURA
Documentos indican que Ourense foi onde se estreou o 'Grândola vila morena'
30/abr./24
Xosé Lois Carrión deu a coñecer nas súas redes sociais a autorización gobernamental para a actuación de José Afonso en Ourense, dous días antes que o do Burgo das Nacións en Santiago, xunto coa relación das cancións autorizadas para o recital
INTERNACIONAL
A Revolución dos Cravos fai medio século entre celebracións masivas por todo o territorio
25/abr./24
Rebelo de Sousa agradece a xesta aos "capitáns de Abril".
CULTURA
Centos de persoas únense para cantar o "Grândola" nos 50 anos do 25 de Abril
25/abr./24
Un millar de persoas xuntáronse ás portas do Auditorio da Galiza para entoar a composición do Zeca Afonso que se transformaría no himno da Revolución.
star
Reportaxes
50 anos de Revolução de Abril em Portugal … mas quase 50 anos de financeirização da habitação e a reemergência do fascismo
19/abr./24
A menos de um ano das celebrações dos 50 anos da Revolução de Abril em Portugal, que acabou com a ditadura e instalou o que se chamou de democracia, tiveram lugar as maiores manifestações por habitação da história do país, que pediam "Casa para viver". Comparável a estas apenas, talvez, as manifestações nos primeiros anos revolucionários, também estas massivas, que pediam "Casas sim, barracas não".
INTERNACIONAL
A Revolución dos Cravos é a data máis importante da historia de Portugal para dous terzos da cidadanía
19/abr./24
Avalado por 13% máis que hai dúas décadas.
star
Reportaxes
50 anos de encontros após o 25 de abril. Devagar, sen recuar
19/abr./24
Nestas datas do cincuentenario do 25 de abril, e dos 160 da fixación definitiva do trazado da raia, gustaríame explicarlles algunhas das múltiplas actividades de irmandade entre a Galiza e Portugal feitas nestes últimos anos. Mais é imposible mencionalas todas, nin sequera as propostas máis interesantes a nivel cultural ou lingüístico.
star
Reportaxes
O canto de intervenção na Revolução dos Cravos e a presenza de José Afonso na Galiza
19/abr./24
Na madrugada do 25 de abril do 74, cando os militares do MFA, capitáns na súa maioría, escoitaron no radio o Grândola de José Afonso, sinal indicativo de que todo ía segundo o planificado, botáronse á rúa para dar cabo da ditadura salazarista. Nese intre eu atopábame en Barcelona e as noticias que nos ían chegando causaron unha forte conmoción, por sorpresivas e esperanzadoras.
star
Reportaxes
Terra da fraternidade. 50 anos da Revolución dos Caraveis: un soño compartido
19/abr./24
Agora que a Revolución dos Caraveis cumpre 50 anos tamén é o momento de agradecer e honrar a quen se atreveu a espallar aos catro ventos a situación que se vivía e que para chegar alí houbo que dar pasos tan determinantes como esta aventura romántica que uniu a galegos e portugueses.
star
Reportaxes
O cinema do país máis libre. Filmes para un tempo novo
19/abr./24
O 25 de abril de 1974 puxo fin á podremia dos 48 anos de ditadura en Portugal. A Revolução dos Cravos abriu un tempo de liberdade e de esperanza nun país novo que rompese coas estruturas reaccionarias do "Deus, Pátria, Autoridade". O cinema recolleu con fervor militante e reflexión crítica os soños e os desencantos daquel período. A Filmoteca de Galicia programa en abril e maio algúns dos títulos máis valiosos.
star
Reportaxes
A fronteira invisíbel: Galiza e Portugal seguen tendo dificultades para crear un espazo cultural común
19/abr./24
As culturas galega e portuguesa operaron conxuntamente en moitas ocasións nas batallas contra as súas respectivas ditaduras. A chegada das democracias facía presaxiar unha maior colaboración entre ambas beiras do Miño, mais a realidade non resultou de todo como se esperaba. A comunidade creadora é partidaria dunha cooperación que enfatice os vínculos lingüísticos e culturais, mais as institucións non parecen moi interesadas en manter unha política continuada que apoie ese achegamento.