Reportaxe

Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán 'Morris'. (Foto: Vía Láctea Filmes)
star
Reportaxes

10 anos de esmorga: o filme que marcou a historia do cinema galego

O filme que revolucionou a escena do cine na Galiza, 'A Esmorga', de Ignacio Vilar, fai xa unha década desde que deixou a súa pegada na historia. Unha crónica intensa de 24 horas na vida de tres compañeiros de troula que van deixando un regueiro de destrución, historia que calou fondo nas espectadoras e nos espectadores galegos. Audiencia e crítica situárona no máis alto, logrando cifras nunca antes alcanzadas por unha longametraxe rodada en galego. Unha película que sentou precedente no cinema galego.
Luísa Villalta, por Andrade.
star
Reportaxes

'En concreto': Luísa Villalta e nós

O símbolo da subida, asentado na experiencia andante de Luísa Villalta, é unha máquina polisémica que serve para expresar tamén a consciencia do labor de escrita poética. Sobe, pois, Luísa, no aprezo de lectoras e lectores e continúa a subir no autorretrato que deseñan os seus versos, na imaxe en que ela mesma descobre novos atributos do seu ser. Afástase a poeta do perfil da súa propia figura para, desde a distancia oportuna, contemplar outro dos seus vértices humanos, o da loitadora esperanzada, soñadora, a que albisca no horizonte un futuro tal vez realizábel de liberdade e xustiza.
A reclamación de maior educación sexual, no punto de mira. (Ilustración: Xeración Alfa)
star
A fondo

Fóra do estigma: visibilizar e falar de saúde mental fronte aos tabús e aos prexuízos

Psicólogas, psiquiatras e divulgadoras da Galiza e do mundo fan que a saúde mental deixe de ser tabú. Loitan cotra os prexuízos, pola normalización e unha atención sanitaria gratuíta.
Laura Veiga, Purificación Leal, Martina González e Noelia Moreau.
star
A fondo

Máis alá do sexo: un achegamento ás primeiras veces, a masturbación e o desexo

Máis alá das recreacións de partos en directo, os debuxos de aparatos reprodutores nas clases de bioloxía ou as primeiras charlas sobre sexualidade, quedan aínda dúbidas por resolver.
Ilustraçom comemorativa do 100 aniversario das Escolas de Ensino Galego (Foto: Leandro Lamas).
star
Reportaxes

Escolas Semente vindicam o acervo educativo irmandinho no cem aniversário da Escola de Ensino Galego

O dia 23 de abril de 2024 figérom-se cem anos da instituiçom da Escola de Ensino Galego por parte das Irmandades da Fala. Um projeto educativo popular, curricularmente autocentrado, multilíngue e pedagogicamente vanguardista. A sua luz secularizadora e humanística atravessou a escuridom da ditadura primorriverista chegando aos nossos dias para alumiar o horizonte da Escola Nacional Galega.  
Ampliación do Centro de Saúde da Laracha, en Bergantiños (Foto: Héctor Santos-Díez).
star
Reportaxes

Ezcurra e Ouzande: Nas puntas dos pés

Cando o espazo a intervir ten valor histórico, unha actitude posíbel é a de ser sutís e discretos. O estudio de arquitectura Ezcurra e Ouzande ten demostrado gran sensibilidade na rehabilitación.  Traballando con sixilo, sen facer ruído, como quen anda nas puntas dos pés. Conxugan a actualización dos edificios co mantemento da súa atmosfera orixinal. Nas obras novas apostan pola innovación conxugada coa sustentabilidade.  
O 'Xabarín Club' acompañou durante anos as merendas da rapazada galega. (Foto: S. G.)
Reportaxes

O fenómeno audiovisual e sociolóxico do Xabarín Club, 30 anos despois: queda alguén aí?

Xabarín faise vello. O vindeiro 18 de abril fará 30 anos ininterrompidos presentando un programa que transcendeu da pantalla e deu nome a toda unha xeración. Hoxe, aínda que non todo o mundo o sabe, o 'Xabarín Club' aínda existe e, se ben dispón de cada vez menos tempo e recursos e non recibe o trato que lle correspondería a un exitoso veterano coma el, está a piques de alcanzar a cifra redonda dos 150.000 socios e socias. Tres décadas despois de irromper nos televisores de todo o país para mudar para sempre o concepto de programación infantil cabe preguntarse: que queda daquel Xabarín? Le a reportaxe completa comprando nos quiosques o semanario Sermos Galiza deste sábado 13 de abril.
Varias imaxes de Moncho Valcarce.
star
Reportaxes

Moncho Valcarce: un símbolo para Galiza

Hai 31 anos que nos deixou Moncho, pero a súa lembranza está viva. Moito máis nestes tempos nos que o capitalismo salvaxe e depredador intenta unha vez máis poñer as gadoupas sobre os nosos recursos naturais, a nosa cultura, o noso idioma… Mudaron os nomes (Fenosa e caciques de medio pelo) por outros como Altri, Iberdrola ou eólicas. Moncho está vivo porque a súa loita fainos máis fortes.
Cadriño de 'Cousas', de Castelao.
star
Reportaxes

As Escolas do Insiño Galego: unha experiencia pedagóxica emblemática das Irmandades

Hai 100 anos, en abril de 1924 botaron a andar na Coruña, animadas por Ánxel Casal (1895-1936), as "Escolas do Insiño Galego". Concibíronse como exemplo do que as Irmandades podían facer para romperen as ataduras con que o ensino oficial mantiña excluídos das aulas nesa época o idioma propio do país e numerosos aspectos do seu devir histórico, da súa realidade xeográfica e do seu específico medio natural.
Monumento a Ramón María Aller en Lalín, unha das últimas obras que executa Asorey (1959). [Foto: Alberte de Maceda e Carmela Galego]
star
Reportaxes

Francisco Asorei: o escultor da Terra

Día 1 das calendas de abril. Era Compostela. O pétreo Mateo manda labrar no lintel do Pórtico da Gloria esa data do ano 1188. Robusto, granítico, simbólico. Semella que todos estes adxectivos quedan adheridos á plástica escultórica galega. Neste 2024 celebramos un escultor para conmemorar o Día das Artes Galegas, fixado no día 1 de abril. Unha tradición que conta nove anos e que corre a cargo da Real Academia Galega de Belas Artes.
Bailadoras e bailadoras en 'Ceibe'. (Foto: Aigi Boga)
star
Reportaxes

'Ceibe': a danza liberadora de Fran Sieira

Danza para explorar os grandes temas sociais e expresar as inquedanzas persoais. Fran Sieira fusiona o baile tradicional co contemporáneo e convida o público a compartir historias e emocións nunha experiencia única. Mentres artistas como Mondra ou Tanxugueiras triunfan levando o tradicional á vangarda coa música, Sieira destaca na danza. A pesar de ser unha disciplina con menos popularidade, o seu traballo mostra de que forma a danza pode estar ao servizo dos grandes temas que preocupan e achegar valor cultural. Fran Sieira é un exemplo de como a tradición pode inspirar a arte contemporánea e é un dos grandes protagonistas deste doce momento que vive a cultura galega.
Benito Vicetto. (Ilustración: S. G.)
star
Reportaxes

Vicetto: bicentenario do pioneiro da Historia de Galicia

Ao observar a importancia galaica na Idade Media, acostumamos pensar que a doma e castración foi a fin da vida autónoma que tiña o noso país. Cómpre, porén, referírmonos a uns omnipresentes e necesarios matices. Botemos unha ollada ao que nos ten que dicir Benito Vicetto nas páxinas dedicadas á historia moderna e contemporánea, período que abrangue desde a instauración da Real Audiencia até a morte de Fernando VII (1480-1833).
Unha paisaxe da Antártida. (Foto: UTM)
star
Reportaxes

Expedicións galegas á Antártida

Nos confíns da Terra, onde o branco etéreo abraza a inmensidade, emerxe a Antártida, un reino xeado a máis de 14.000 quilómetros de distancia da Galiza. Un santuario da natureza que atrae os galegos e as galegas en busca de coñecemento. Nun dos mellores laboratorios naturais do mundo, estes atópanse entre as 1.000 e 5.000 investigadoras que buscan abrigo alí cada ano, somerxidas en múltiples proxectos e pescudas científicas.
Ofrenda floral na inauguración do Memorial ás vítimas do franquismo de Ferrolterra, Eume e Ortegal. (Foto: Iago Varela)
star
Reportaxes

Honrar a memoria en Ferrolterra, Eume e Ortegal

A cidade de Ferrol conta á fin cun Memorial que recolle a lista das vítimas mortais do franquismo nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Son os nomes das 904 vítimas da barbarie entre os anos 1936 e 1975 cuxos casos puideron ser contrastados en fontes documentais. A inauguración do monumento supón un fito importante para a Comisión Pro Memorial, tras perto de sete anos loitando polo cumprimento do acordo para a súa construción.
A malva (Malva sylvestris). [Foto: Xerais]
star
Reportaxes

Flora galega: descubrindo as plantas da Galiza

A variada flora da Galiza está mudando constantemente. Hoxe, algunhas plantas autóctonas como a xesta de Ons ou a santolina de Melide atópanse en perigo de extinción, mentres que especies estranxeiras chegan ao país espallándose até o punto de que as cremos propias, como as mimosas. Outras actúan aquí como invasoras, como é o caso dos trebiños. O botánico Xosé Ramón García achega a maioría das plantas que existen na Galiza, con 1.715 taxons e 1.493 fotografías, nunha nova edición, corrixida e aumentada con 330 especies máis que as anteriores, da 'Guía das plantas de Galicia' (Xerais, 2023).
Saída da misa de Rosalía, 25 de xullo de 1949, Compostela. Á esquerda García Sabell e Otero Pedraio (terceiro pola esquerda). (Foto: Fundación Penzol)
star
Reportaxes

Do latín ao galego: O lento camiño da igrexa

A necesidade de apertura e diálogo que promoveu o papa Xoán XXII co Concilio Vaticano II supuxo unha mudanza total que aínda ecoa hoxe. Tamén implicou un cambio radical na liturxia católica e nos usos lingüísticos, na que o latín deixaba paso ao uso das linguas propias. Tardou o galego máis anos que castelán, vasco e catalán. O 25 de xullo de 1965 foi a primeira misa en galego, pero aínda pasaron máis de tres anos até lograr a aprobación vaticana. Hoxe, o uso do galego aínda segue sendo minoritario nas parroquias.
Ángela Ibáñez, Patricia de Lorenzo e Chusa Pérez de Vallejo son as tres actrices que contan no escenario a historia de 'Helen Keller: a muller marabilla?' (Foto: Sabela Eiriz).
star
Reportaxes

O que non se di: O teatro documental de Chévere

Chévere regresa aos escenarios cunha obra que volve romper coas expectativas. Hellen Keller: a muller marabilla??recunca no teatro documental pero, ao tempo, vai máis alá, interrogándose sobre as estratexias narrativas empregadas, pondo en cuestión o propio método de traballo, abrindo novos camiños para a relación co público. Historia e mentira, integración e marxinación, disidencia e sometemento aparecen nunha obra que se interroga sobre o que non se di e, sobre todo, por que non se di. Teatro en estado puro. 
O pintor Leandro Lamas no seu estudio da Mourela, Neda (Ferrolterra). [Foto: Iago Varela]
star
Reportaxes

Leandro Lamas: un pobo a toda cor

Leandro Lamas, ‘Leandrinho’, pinta desde o seu estudio da Mourela unha Galiza a cor, de trazos únicos e rapidamente recoñecíbeis. Láminas e lenzos que unhas veces contan historias persoais e outras reivindican e berran por todas as que non teñen voz, polas causas xustas. É un dos grandes referentes artísticos da Galiza contemporánea coa súa pintura naif caracterizada polo uso da cor nas súas obras.
Parque do Campo Novo, en continuidade da paisaxe do Rosal. (Foto: Héctor Santos-Díez)
star
Reportaxes

María Fandiño: identidade e paisaxe

Hai máis de tres anos, no número 426 do Sermos Galiza, dedicábaselle unha reportaxe ás novas voces emerxentes da arquitectura galega. Unha delas, María Fandiño, pasou neste tempo de ser emerxente a ter unha obra recoñecida e consolidada. Destaca o seu traballo como paisaxista e na recuperación de espazos degradados.
Dúas nenas na Feira das Industrias Culturais, Culturgal, de decembro de 2023 en Pontevedra.
Reportaxe

Sobreviviría a cultura galega a catro anos máis de PP?

Tras un debate electoral no que ningunha das formacións presentes aludiu en ningún intre ao estado da cultura galega, falan autores e editores.