CULTURA
Documentos indican que Ourense foi onde se estreou o 'Grândola vila morena'
30/abr./24
Xosé Lois Carrión deu a coñecer nas súas redes sociais a autorización gobernamental para a actuación de José Afonso en Ourense, dous días antes que o do Burgo das Nacións en Santiago, xunto coa relación das cancións autorizadas para o recital
CULTURA
Centos de persoas únense para cantar o "Grândola" nos 50 anos do 25 de Abril
25/abr./24
Un millar de persoas xuntáronse ás portas do Auditorio da Galiza para entoar a composición do Zeca Afonso que se transformaría no himno da Revolución.
star
Reportaxes
O canto de intervenção na Revolução dos Cravos e a presenza de José Afonso na Galiza
19/abr./24
Na madrugada do 25 de abril do 74, cando os militares do MFA, capitáns na súa maioría, escoitaron no radio o Grândola de José Afonso, sinal indicativo de que todo ía segundo o planificado, botáronse á rúa para dar cabo da ditadura salazarista. Nese intre eu atopábame en Barcelona e as noticias que nos ían chegando causaron unha forte conmoción, por sorpresivas e esperanzadoras.
star
CULTURA
A Galiza, Portugal e África, os tres vértices do Zeca
14/dec./23
A vida e a obra do compositor portugués José Afonso, máis coñecido como o Zeca, non pode explicarse sen o triángulo que conforman África, onde vive de maneira intermitente desde moi novo e onde coñecerá os efectos do colonialismo, Portugal, cuxa xeografía percorreu impregnándose das súas sonoridades, e a Galiza, chegando a sentirse o Zeca un irmán do pobo galego. Explícao Paulo Esperança nun libro que presenta esta fin de semana na Galiza.
CULTURA
Teresa Moure presenta a banda deseñada do Zeca Afonso no Carballiño
29/set./23
OzocoGZ acolle o acto do novo libro sobre o cantor portugués.
Contracultura
Teresa Moure: "Grazas ás persoas que coñeceron Zeca Afonso puiden acceder á súa fala e personalidade"
07/set./23
Teresa Moure presenta a súa primeira publicación como guionista de banda deseñada, 'Zeca Afonso. Balada do Desterro' (A Central Folque), unha obra ilustrada por Maria João Worm, que recolle de maneira íntima a biografía do cantor portugués.
CULTURA
O novo Espazo Loja do MUMI acollerá editoras musicais
25/ago./23
Teresa Moure presentará unha novela gráfica sobre Zeca Afonso coa que debuta como guionista de banda deseñada.
CULTURA
A Coruña homenaxea Zeca Afonso e Rosalía de Castro
19/maio/23
Pedro Jóia e Iria Estévez foron os artistas encargados do tributo.
Agora
A Deputación da Coruña homenaxeará esta sexta feira Zeca Afonso e Rosalía de Castro
16/maio/23
A área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña organiza esta sexta feira un concerto en homenaxe a Zeca Afonso e Rosalía de Castro con motivo da celebración esta semana do Día das Letras Galegas. O evento terá lugar no teatro Colón da cidade herculina. As entradas xa se poden retirar de maneira gratuíta na súa páxina web. Segundo explica o organismo provincial nun comunicado, o grupo Canto D'Aqui contará no escenario coa colaboración de Pedro Jóia e Iria Estévez, nun recital que ten como obxectivo enxalzar a estas dúas figuras da cultura galega. Os actores Isabel Risco e Fran Rei serán os "invitados especiais" a este espectáculo.
CULTURA
A Associação José Afonso recibe o premio á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona 2022 de aRi[t]mar
25/abr./23
O xurado do aRi[t]mar ditaminou que a AJA é merecente do galardón xa que esta asociación cultural e cívica, non confesional, mantén vivo o legado da persoa e da obra do grande cantor e poeta José Afonso, quen sempre destacou as súas ligazóns, e as do pobo portugués, coa Galiza.
MEMORIA E HISTORIA
"Entre a Galiza e Portugal é sempre 25 de abril": actos para celebrar o 49º aniversario da Revolução dos Cravos
23/abr./23
A AJA homenaxea, mais un ano, o levantamento popular do pobo portugués e unha das figuras máis representativas do momento, José 'Zeca' Afonso, quen sempre gardou unha especial relación coa Galiza.
star
Música
Cantigas para despois dunha revolución
23/set./22
O disco presenta versións de cancións de Zeca Afonso, Fausto, Sérgio Godinho e José Mário Branco, tratándoas con respecto e proporcionándolles un fondo musical jazzístico repleto de elegancia sen traizoar o propósito primixenio.
MEMORIA E HISTORIA
A cultura conmemora os 50 anos da estrea do Grândola en Compostela
10/maio/22
10 de maio de 1972, hai hoxe 50 anos, o cantor 'de intervenção' José 'Zeca' Afonso interpretaba o famoso Grândola, Vila Morena no Burgo das Nacións, en Santiago de Compostela. 'Nós Diario' conversa con amigos persoais do Zeca que viviron con el actuacións en 1972 e con artistas que participarán hoxe no acto conmemorativo que acolle a USC.
CULTURA
'Grândola, Vila Morena' volve á USC cincuenta anos despois da estrea
04/maio/22
O Auditorio da Facultade de Filoloxía da USC acollerá a homenaxe 'Zeca. Maior que o pensamento' o vindeiro 10 de maio. Nela actuarán Uxía Senlle, João Afonso, Couple Coffee, Nacho Faia Lar e Xico de Carinho.
MEMORIA E HISTORIA
Que une o Zeca Afonso coa Galiza?
25/abr./22
En Compostela interpretou por vez primeira, hai 50 anos, o xa mítico 'Grândola, Vila Morena'. O Zeca defendía que "Galiza non é España" e que a súa cultura garda "moitas semellanzas" coa portuguesa.
star
Música
Memória do Zeca
24/dec./21
Poucos como Zeca Afonso reuniram as qualidades de cantautor de intervenção social, maravilhosa voz de registo doce e claro, construtor de inúmeros textos e melodias, facilidade para ajeitar a cada letra a música mais própria, natural e à vez em linhas de modernidade.
star
Reportaxes
(Euro)son protesta: Da revolução dos cravos aos conflitos territoriais
04/xuño/21
Os ecos de Eurovisión continúan semanas despois. É espectáculo, música, cor, popularidade e postas en escena. Pero tamén é un escenario de audiencia millonaria que serve -e serviu- para que moitas cantantes e países puideran elevar a súa voz en momentos históricos críticos. "E depois do adeus", cantado por Paulo de Carvalho na edición de 1974 poucos días antes da Revolução dos Cravos é un claro exemplo: o que parecía unha canción de amor converteuse no sinal de saída para a revolta que despois completaría o gran Zeca Afonso.