Unha bóla de luz iluminou o ceo da Galiza de madrugada
Numerosas persoas puideron observar esta madrugada como, sobre as 01.00 horas, unha bóla de luz iluminaba o ceo da Galiza e doutras zonas de Portugal e do Estado español. Varios particulares chamaron ao 112 Galiza para notificar que viran "unha gran bóla incandescente en movemento que iluminou o ceo de cor verdoso ou avermellado" e que, finalmente, "desfíxose en anacos". De feito, moitos deles referíronse ao que acababan de contemplar como un bólido ou meteorito. As chamadas chegaron desde diferentes lugares da xeografía galega como nos municipios do Porriño ou Redondela, na comarca viguesa, O Saviñao (Terra de lemos) ou A Rúa (Valdeorras). Tamén foi visto na capital, Santiago de Compostela. Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias da Galiza (CIAE-112), a Axencia Estatal de Meteoroloxía explicou que se tratou “dun fenómeno atmosférico pouco frecuente, moi luminoso e que se desintegrou ao entrar en contacto coa atmosfera".
Falece unha muller tras chocar o seu coche contra un camión no municipio ordense de Mesía
Unha muller, de 45 anos, perdeu a vida tras chocar o seu coche contra un camión na N-634, ao seu paso polo municipio de Mesía (comarca de Ordes). Segundo informou o 112, foi o propio condutor quen sobre as 5.30 horas deste sábado deu a voz de alerta e explicou que había unha persoa no turismo que non respondía os intentos de contactar con ela. Desta forma, a central de emerxencias deu aviso a Urxencias Santiarias de Galiza-061, os Bombeiros de Ordes, o GES de Curtis, a Garda Civil e os servizos de mantemento da estrada. Unha vez no punto, os efectivo do GES comprobaron que non era necesario excarcerar e os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da muller. Por outra banda, dúas persoas resultaron feridos na parroquia viguesa de Valadares e os implicados foron trasladados ao hospital. O suceso ocorreu pasadas as 2.00 horas deste sábado e o particular que alertou ao 112 detallou que podían estar atrapados no vehículo, pero finalmente non tiveron que excarceralos.
CRAT da Coruña e Silicius Maxadahonda pelexarán polo título ligueiro
O presidente español corrobora que o PSC-PSOE bloqueará o intento de investidura de Puigdemont (Junts)
Pedro Sánchez (PSOE), presidente do Estado español, desbotou a sexta feira que haxa posibilidades de que permitan a investidura no Parlament do ex mandatario catalán e candidato de Junts, Carles Puigdemont, que instou o PSC-PSOE a absterse, defendendo que o seu candidato, Salvador Illa, debe ser o novo president, demandando "responsabilidade" para que se evite unha repetición electoral que decorrería o próximo outubro.
Xulgan unha psiquiatra que falsificou case 900 receitas para obter medicamentos contra a depresión
Unha doutora en psiquiatría será xulgada na Audiencia Provincial da Coruña acusada de dous delitos continuados de falsidade en documento oficial -un deles labor por funcionario público- por falsificar case 900 receitas para obter medicamentos para tratar a depresión. A acusada enfróntase a unha petición de 2 anos e medio de cárcere, mesmo período que se lle pide de inhabilitación para exercer un posto público, aínda que a Fiscalía solicita a eximente completa por alteración psíquica, dado que padece unha serie de trastornos que minguan de forma grave a súa capacidade de actuar, aínda que non a anulan. Así o recolle o escrito de acusación do Ministerio Público sobre uns feitos que se iniciaron no ano 2016 e prolongáronse até 2022, período no que esta doutora en psiquiatría adscrita a un hospital da provincia da Coruña emitiu receitas falsas para conseguir o fármaco Rubifén. Primeiro, emitiu 244 receitas electrónicas nas que, en ocasións, figuraba como prescriptora e paciente. Noutras, as recetaba á súa parella e a unha colega doutora de forma supostamente falsificada. En 2022, Fiscalía sostén que se fixo con seis talonarios de receitas, varios deles propiedade do seu pai, a súa irmá e outro compañeiro, todos eles doutores. Con estes, confeccionou selos facultativos e emitiu un total de 616 receitas con firmas falsificadas dos titulares dos talonarios. O Ministerio Público estima o prexuízo causado ao Sergas entre 1.354 e 4.910 euros.
O Deportivo esixe "data e hora" para o novo convenio
Por parte do Concello, a diferenza do acontecido nos días anteriores, non houbo unha resposta expresa, pero fontes consultadas por Nos Diario pensan que firmarán "antes de que remate o mes".
O flamante Campionato Galego de Billarda debuta en Santiago de Compostela
Rosalía Fernández Rial obtén o VII Premio Vidal Bolaño
A obra Fóra de campo valeulle a Rosalía Fernández Reial facerse coa VII edición do Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño. A autora recibirá un premio de 2.000 euros en metálicos e verá a súa obra publicada pola Editorial Galaxia. A firma colabora na organización deste galardón que convocan o Concello do Porriño e o IES Ribeira do Louro. O fallo do galardón destaca desta peza "a súa temática acaída ao premio porque trata o perigo das redes sociais e o poder que exercen na creación da identidade da mocidade. Destacan tamén valores como a sororidade e a detección precoz do acoso". Todo isto "é transmitido a través dunha linguaxe actual e axeitada ao público ao que vai dirixida".
A compravenda de vivendas descende 14,6% na Galiza
A compravenda de vivendas rexistrou o pasado mes de marzo un retroceso de 14,6% na Galiza con respecto ao mesmo mes de 2023, até un total de 1.534 operacións, segundo informou esta quinta feira o Instituto Nacional de Estatística (INE). A nivel estatal, o descenso foi de 19,3 por cento. Coa caída de marzo, a compravenda de vivendas volve, a nivel estatal, a taxas negativas após a repunta de 5,8% que rexistrara en febreiro e co que se puxo fin a un ano de caídas interanuais consecutivas. No caso da Galiza, do total de operacións realizadas en marzo 317 corresponderon a vivenda nova e 1.217 a vivenda usada.
Francia declara o estado de emerxencia en Nova Caledonia para frear as protestas pola reforma electoral
O Goberno francés anunciou a cuarta feira que imporá o estado de emerxencia en Nova Caledonia como mínimo durante 12 días, incrementando os poderes das forzas de seguridade para intentar conter as protestas que se desataron nas dúas xornadas anteriores. A situación intensificouse na madrugada cando a Cámara Baixa francesa aprobou unha reforma que permite votar nas eleccións provinciais a persoas que viviran no arquipélago durante unha década, acabando coa conxelación do censo desde 1998, o que foi criticado polos independentistas canacos como un intento de minorizar a presenza electoral indíxena aínda máis. Catro persoas, incluído un axente policial, faleceron até o de agora durante as protestas.
Envorca un camión en Arzúa tras sufrir unha indisposición o seu condutor
Un condutor sufriu unha indisposición ao volante esta cuarta feira e o seu camión acabou envorcado en Arzúa. Segundo informa o 112 Galiza, ocorreu perto das 13.30 do mediodía. Sobre esa hora, o home facía uso do número de emerxencias para alertar de que se saíu da vía no quilómetro 64 da N-547 porque se atopou mal.
Un accidente con varios coches implicados na A-55 en Mos provoca retencións na entrada a Vigo
Un accidente múltiple, con polo menos catro coches implicados, ocorrido na A-55 á altura de Mos (comarca de Vigo) provoca retencións na entrada a Vigo. Segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galiza, ocorreu sobre as 14:20 horas e varios particulares chamaron para alertar dunha colisión múltiple por alcance no quilómetro 14 da A-55. De acordo con datos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), este sinistro non chegou a provocar o corte da circulación, pero si retencións ao retardar o paso dos coches.
Diego Epifanio seguirá no Básquet A Coruña na ACB
Recepción ao Básquet A Coruña na sede da Deputación
O gaélico da Galiza pon a mira nos Campionatos Ibéricos
Francia decreta o toque de recoller en Nova Caledonia polas protestas independentistas contra a revisión do censo electoral
Louis Le Franc, representante francés en Nova Caledonia, impuxo a terza feira un toque de recoller desde as 18 horas no arquipélago (9 horas na Galiza), o feche de centros de ensino e do aeroporto xustificándose nas protestas da noite anterior, desatadas pola intención francesa de revisar o censo para os comicios provinciais, conxelado desde 1998, o que para as forzas independentistas é unha tentativa de “minorizar aínda máis o pobo canaco”.
O Goberno sueco avalaría despregar armas atómicas dos Estados Unidos en caso de declararse unha guerra
Ulf Kristersson, primeiro ministro de Suecia, salientou a segunda feira que “en caso de guerra” aceptaría a despregadura de armas nucleares dos Estados Unidos no territorio do país, incidindo en que a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) “beneficiaríase do paraugas que proporcionaría”. Suecia segue Polonia, que trasladou con anterioridade a súa disposición a despregar esta clase de armas e admitiu negociacións ao respecto.